Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paq Retorno Premium

Ideal para:

Devolución Paquetería Nacional

Controla as devolucións dos teus clientes sen custo adicional para eles.

Servizo de Paquetería que permite que calquera empresa dispoña dunha solución para recibir a mercadoría que quere recuperar dos seus clientes, e que previamente foi entregada por Correos, sen custo adicional para estes.

  • Ámbito: Nacional e Andorra.
  • Peso: Máximo 30 kg. Peso volumétrico 40 kg.
  • Prazos: Dende 48 h.*
  • Tarifa: Desde 5,78€, sin impuestos incluidos.
Correos ExpressCorreos

Comercialízao

Servizo de Paquetería que permite que calquera Empresa garanta o control das devolucións dos seus produtos que previamente foron entregados por Correos, ademais de asegurar unha excelente Política de devolucións e cambios para os seus clientes.

Este servizo de paquetería permite a recuperación da mercadoría, dun xeito eficaz, óptimo e sen custo adicional para os teus clientes.

Adicionalmente, a empresa poderá controlar a data tope na que os seus clientes poderán realizar as súas devolucións, asegurar estes envíos e contratar as embalaxes de Correos para as devolucións dos seus clientes.

Con este servizo, existe a posibilidade de contratar de xeito adicional o servizo de "Entrega con Recollida", que permite que calquera empresa dispoña dunha solución para a entrega e recollida simultánea de calquera tipo de documentación ou mercadoría, coa posibilidade de realizar calquera acción adicional (comprobación do contido da devolución, sinatura de contratos, retorno de albará, etc.).

Se es empresa e estás interesado en coñecer as vantaxes que che podemos ofrecer co Paq Retorno Premium, ponte en contacto cos nosos Servizos Comerciais. Eles encargaranse de configurarche unha oferta personalizada e presentarche servizos adicionais exclusivos para clientes con contrato.

Características físicas.

Dimensións máximas:

  • Sobre/Caixa: Longo + alto + ancho =210 cm, sen que o lado máis longo mida máis de 120 cm.
  • Rolo/tubo: Longo = 120 cm. Diámetro = 30 cm.

Dimensións mínimas:

  • Sobre/Caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo/tubo: O lado máis longo medirá como mínimo 10 cm. Ademais, a lonxitude máis o dobre do diámetro debe ser polo menos de 17 cm.

Aos envíos voluminosos aplicaráselles o criterio peso/volume (167 quilogramos/metro cúbico), segundo a seguinte fórmula: Longo x ancho x alto (en centímetros) / 6.000.

Peso:

Ata 30 kg.

 

Operativa:

Consigue o servizo de Retorno de Paquetería en 5 sinxelos pasos:

  • Selecciona se o envío está asociado a un envío previo realizado a través de Correos ou ben se é un envío independente.
  • Elixe se desexas que Correos proporcione a embalaxe do envío, con cargo ao teu contrato.
  • Se está asociado a un envío previo, introduce o seu código identificativo.
  • Se non hai envío previo asociado en Correos, introduce os datos necesarios para o seu curso.
  • Imprime as etiquetas e faillas chegar ao remitente do envío de retorno, para o seu depósito en oficina. Se o prefire, o remitente poderá acudir a calquera oficina de Correos, onde llas proporcionarán simplemente indicando o código de envío.

 

Outras características:
 
  • A entrega prodúcese baixo sinatura.
  • O teu cliente dispón de toda a rede de Oficinas de Correos para depositar o envío de volta.
  • Control total do envío de volta grazas á súa trazabilidade completa.
  • Posibilidade de fixar o período de validez do envío de volta.
  • Posibilidade de poñer á disposición dos teus clientes embalaxes para o envío de volta.
  • Para poder utilizalo, contacta cos nosos Servizos Comerciais, chamando o 902 197 197.

 

Garantías: As garantías son as mesmas que no envío inicial, agás polo prazo de entrega.

 

Si eres empresa y quieres que te hagamos una oferta personalizada, solicita información.
Paq Retorno Premium
Tamén che pode interesar...
Compárteo nas túas redes