Paquete Internacional Light

Envíos lixeiros que chegan a todas as partes.

Dende

14,60 €

ENVIAR
Paquete Internacional Light Dende 14,60 € ENVIAR
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente os teus envíos de xeito online para axilizar o proceso ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de envío desexas realizar, completa os datos e se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal ou a través das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e lévaos a unha das nosas oficinas de Correos.

Información do produto

Descrición

O Paquete Internacional Light é a mellor opción para os envíos lixeiros que precisan chegar máis lonxe:

  • Prioritario: entregas en domicilio sen necesidade de sinatura e con carácter preferente.
  • Pola túa tranquilidade: inclúe seguimento informatizado do teu envío.
  • A todas as partes: para envíos internacionais.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Temos unha morea de produtos dispoñibles na nosa Tienda Online e en todas as oficinas de Correos!

Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 15 x 10 x 1 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha medida sexa inferior a 10 cm.

E que non supere os 2 kg de peso real!

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo.

Importante! Lembra que estes envíos non se poden dirixir nin a Apartados Postais nin a Lista de Correos.

Consulta as zonas internacionais e como se dividen

Garantías e prazos de entrega

O Paq Light Internacional non ten indemnización. Se precisas que o prazo de entrega estea garantido, proba o noso Paquete Internacional Premium .

Localiza a túa oficina de Correos máis próxima e tráenos o teu envío, entregámolo o máis rápido que poidamos:

  • Europa: 3 - 5 días.
  • Rusia: dende 9 días.
  • América: 5 - 8 días.
  • Asia: 6 - 8 días.
Condicións do servizo paquetería internacional - Outubro 2019

Prezos

Consulta a túa tarifa aquí ou nas oficinas de Correos.