Portal de Correos - Todo para o teu negocio

Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Publicorreo Plus

Ideal para:

Captura de Información Bases de Datos

Solucións paquetizadas para pemes. Esta solución integral permitirache optimizar as túas campañas de márketing directo.

É a solución perfecta se queres lanzar unha campaña de captación ou fidelización omnicanle que posicione os teus produtos ou servizos diferenciándote da competencia coa máxima garantía de entrega.

  • Ámbito: Nacional.
  • Dimensións: Máxima: 23 x 33 x 2 cm.
  • Peso: Máximo por envío 100 g.
  • Prazos: Entre 2 e 4 días hábiles (no 90% dos casos).
  • Tarifa: Dende 377 € (IVE non incluído).
Correos

Comercialízao

É  a solución perfecta se queres lanzar unha campaña de captación ou fidelización omnicanle que posicione os teus produtos ou servizos diferenciándote da competencia coa máxima garantía de entrega.
 
Podes dirixir as túas campañas a accións de captación B2B ou B2C segundo as necesidades do teu negocio ou realizar accións de fidelización que che permitan chegar a todos os teus clientes a través do mailing postal, emailing e SMS.
 
Coñecer a priori o custo da campaña e poder promover a túa empresa con elementos personalizados será un grande aliado para aumentar a rendibilidade das túas campañas.
 
Podes incluír toda a información ou elementos que queiras nunha campaña de mailing postal: mostras, cupóns, folletos, BIDI, etc. Os límites os pon a túa imaxinación*.
 
* Sempre que permita o seu tratamento automatizado e a súa posterior entrega en caixa de correo domiciliaria.
 
SolucionesPaquetizadas_PubliCorreosPlus
 
 
 
Paquete Captación Fogares (B2C)
 
Xeoposicionamos aos teus consumidores  localizando os teus clientes potenciais en función de múltiples variables demográficas e socioeconómicas, identificando oportunidades claves para a túa estratexia de negocio.
 
Dispoñemos da información de contacto semidireccionada dos fogares españois para que reciban a túa comunicación coa máxima garantía de entrega.
Enviamos as túas comunicacións para captar novos clientes e facemos un seguimento da campaña.
 
Esta solución é perfecta para distribuír mailing de pequenos formatos, que polo seu peso e tamaño permite ser manipulado automaticamente e depositado na caixa de correo.
 
 
Paquete Captación Negocios (B2B)
 
Dispoñemos dun gran volume de variables de decisión para seleccionar o tipo de negocios cos que precisas comunicarte e as mellores bases de datos nacionais para contactar tanto con empresas coma con autónomos.
 
Enviamos as túas comunicacións para captar novos clientes e facemos un seguimento da campaña e das devolucións.
 
É a solución perfecta para distribuír mailing de pequenos formatos, que polo seu peso e tamaño permite ser manipulado automaticamente e depositado na caixa de correo.
 
 
Paquete Fidelización Multisoporte
 
Permite mellorar o contacto cos teus clientes, optimizando as túas bases de datos grazas aos nosos procesos de normalización, e cualificar os teus contactos para realizar campañas de márketing directo con resultados positivos.
 
Esta solución permíteche accionar campañas multisoporte que fagan  máis efectivas as túas comunicacións, facilitando as plataformas para que a mensaxe chegue tamén por correo electrónico e SMS aos teus clientes.
 
Ademais, rexistraremos as devolucións da campaña para poder manter actualizada a túa base de datos.
 
Se es empresa e queres que che fagamos unha oferta personalizada, solicita información.

Tamén che pode interesar...

Compárteo nas túas redes