Carta Certificada

Máxima confianza e protección para os teus envíos máis importantes.

Dende

4,87 €

ENVIAR NACIONAL ENVIAR INTERNACIONAL
Carta Certificada Dende 4,87 € ENVIAR NACIONAL

Servizos adicionais

Aviso de Recibo

Confirmación de entrega por escrito, de maneira que quede constancia de cando e quen recibiu o envío.

Ver países de destino

Reembolso

Recibe o cobramento dos teus envíos de xeito máis seguro, sinxelo e fiable. Dende Correos reembolsámosche a cantidade aboada previamente polo destinatario e que aparece no envío.

Prueba de Entrega Electrónica (PEE)

Xustificante dixital da entrega certificada.
MÁIS INFO

Valor declarado

Aplicable a cada envío, calcúlase como unha porcentaxe do valor da mercadoría. 
MÁIS INFO

Certificacións

Para envíos rexistrados, servizo adicional de Certificación de entrega para que conste aos fins que sexa necesario e con validez legal fronte a terceiros. 

Petición de devolución ou modificación de enderezo

Podes solicitar a devolución, modificación ou corrección do enderezo postal do envío.
MÁIS INFO

Petición do remitente de reexpedición

Podes solicitar adicionalmente unha reexpedición dos teus envíos. Abóase por envío, non por remesas e, se se realiza por telégrafo, terás que aboar o prezo do servizo telegráfico correspondente.
Selecciona ENVIAR e rexistra previamente as túas cartas de xeito online ou visítanos nalgunha das nosas oficinas.
Indica que tipo de carta desexas enviar, completa os datos e indica se desexas incluír algún servizo engadido.
Realiza o pagamento con tarxeta bancaria, PayPal, ou a través dunha das nosas oficinas.
Imprime as etiquetas que identifican as cartas antes de xestionar a súa recollida ou de levalas a unha das nosas oficinas.

Información do produto

Descrición

Unha Carta Certificada é a mellor opción para enviar documentos importantes que conteñen datos persoais como contratos ou orzamentos asinados.

  • Máxima seguridade: cada envío queda identificado e rexistrado individualmente cun código de barras único.
  • Con garantías: cando o envío chega ao seu destino a persoa que o recibe debe asinar para recibilo. Se a entrega non pode realizarse, deixaremos un aviso na caixa de correo coa oficina indicada para recollelo durante 15 días. 
  • Pola túa tranquilidade: consulta gratuitamente o seguimento e control da túa carta co noso localizador de envíos
  • Adaptado ás túas necesidades: dispoñible tanto para envíos nacionais como internacionais, a través das nosas oficinas ou online.

Detalles de envío

Ti elixes a embalaxe perfecta. Iso si, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Sobre ou caixa: Longo + Alto + Ancho = 90 cm, sen que ningunha supere os 60 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 104 cm, sen que ningunha supere os 90 cm.

Como mínimo:

  • Sobre ou caixa: 14 x 9 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo + dúas veces o diámetro = 17 cm, sen que ningunha sexa inferior a 10 cm.

Se queres enviar algo máis pequeno, non te preocupes, só terás que engadirlle unha etiqueta de 10 x 7 cm na que apareza o enderezo e o franqueo.

E que non supere os 2 kg! 

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe.
  • Se é nacional, aparecerá “CERTIFICADO” na etiqueta que se debe situar na esquina superior esquerda do anverso do teu envío.
  • Se é internacional, aparecerá “RECOMMANDÉ / CERTIFICADO” e “PRIORITARIO / PRIORITY” na etiqueta que se debe situar no mesmo lado.
  • Lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío aquí mesmo.
Consulta as zonas internacionais e como se dividen

Garantías e prazos de entrega

Se o teu envío sofre algunha incidencia ao chegar ao seu destino, dende Correos indemnizámoste. Se prefires que a compensación sexa cobrada polo destinatario, deberás presentarnos unha autorización asinada.

Sabemos que confías en nós e este é o noso xeito de agradecercho:

Garantías Nacionais
Por deterioración:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: Mínimo 7 días e máximo 4 meses dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: Dende o 27/06/2021 a indemnización será a tarifa aboada multiplicada por 10, máis o valor declarado no caso de telo contratado. Anterior a esta data, a indemnización era de 30 euros máis o valor declarado contratado.
  • No caso de sinistro, aboarase a menor das seguintes cantidades:
    • Polo valor declarado.
    • Por reposición do obxecto extraviado.
    • Por reparación do obxecto danado.
  • Condicións: cómpre comunicar a  deterioración no momento de recepción do envío. Pola contra, consideramos que o envío se entregou en bo estado. Non poderemos admitir reclamacións por dano/deterioración ou falta de contido destes produtos se se constata con posterioridade á entrega.
  • Documentos para achegar: podémosche solicitar fotos da embalaxe e do contido danado, para comprobar o dano e se a embalaxe é axeitada para garantir a integridade do envío. Durante a admisión, o persoal de Correos pódeche asesorar sobre como preparar o teu envío e ofrecerche a embalaxe máis axeitada.
  • No caso de reclamación dun envío extraviado, deteriorado ou con falta de contido, con seguro ou valor declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
Por extravío:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: Mínimo 7 días e máximo 4 meses dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: Dende o 27/06/2021 a indemnización será a tarifa aboada multiplicada por 10, máis o valor declarado no caso de telo contratado. Anterior a esta data, a indemnización era de 30 euros máis o valor declarado contratado.
Garantías Internacionais:
Por deterioración:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 15 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: o importe máximo é a tarifa +30 DEX ou tarifa + Valor Declarado no caso de que contratases seguro, cuxa cobertura máxima son 3.000€.
  • Condicións: debes utilizar sobres e embalaxes que permitan garantir a integridade do contido, por iso, dende Correos ofrecémosche unha ampla variedade de produtos adaptados a cada unha das túas necesidades. Lembra que os datos do remitente e destinatario deben ir en lugar visible sobre a embalaxe.
  • Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío deteriorado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
  • Os clientes con contrato recibirán as indemnizacións segundo as condicións fixadas neste. 
Por extravío:
  • Prazos para poder formular unha incidencia ou reclamación: mínimo 15 días e máximo 6 meses, dende a data de admisión do envío.
  • Indemnización: o importe máximo é a tarifa +30 DEX ou tarifa + Valor Declarado no caso de que contratases seguro, cuxa cobertura máxima son 3.000€.
  • Condicións: debes utilizar sobres e embalaxes que permitan garantir a integridade do contido, por iso, dende Correos ofrecémosche unha ampla variedade de produtos adaptados a cada unha das túas necesidades. Lembra que os datos do remitente e destinatario deben ir en lugar visible sobre a embalaxe.
  • Documentos para achegar: no caso de reclamación dun envío extraviado ou con falta de contido que dispoña de Seguro ou Valor Declarado, poderemos solicitar un documento xustificativo do valor da mercadoría, factura de reparación ou de reposición.
  • Os clientes con contrato recibirán as indemnizacións segundo as condicións fixadas neste. 

Prezo

Consulta a túa tarifa aquí ou nas oficinas de Correos.