Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Paquete Internacional Económico Online

Ideal para:

Paquetería Internacional

Cobertura Internacional ao mellor prezo.

Servizo económico de paquetería internacional con entrega a domicilio e baixo sinatura. Dispón dunha ampla cobertura internacional.

  • Ámbito: Internacional.
  • Dimensións: Longo + alto + ancho = 200 cm. O lado de maior lonxitude non poderá superar os 105 cm.
  • Peso: Máximo 30 kg.
  • Prazos: Segundo destino.*
Correos

Comercialízao

O Paquete Económico está especialmente deseñado para dar un servizo cunha ampla gama de valores engadidos.

Entrega baixo sinatura e altos estándares de calidade ao mellor prezo.

Aforra tempo na oficina e prepara os envíos dende o ordenador en só catro pasos:

O servizo Identificación de Paquete Internacional Económico permite, de forma gratuíta, a enumeración e identificación dos paquetes que compoñen unha relación de envíos e dos seus respectivos destinatarios.

Se desexas realizar a alta dunha relación de envíos, diríxete a alta de relacións.

Ademais, tamén permite:

  • Dá de alta o conxunto de destinatarios aos que queres facer chegar os paquetes e indica se desexas incluír algún servizo engadido.
  • Paga directamente o envío a través de Internet mediante tarxeta bancaria ou PayPal ou indica se desexas pagalo nunha oficina de Correos.
  • Imprime as etiquetas que identifican os paquetes e a súa relación, necesarios para o seu depósito na oficina.

De teres calquera dúbida acerca do funcionamento deste servizo, consulta a nosa axuda online de Servizos Comerciais de Correos.

 

Características físicas:

Dimensións máximas:

- Sobre/Caixa: Longo + alto + ancho = 200 cm. O lado de maior lonxitude non poderá superar os 105 cm.

- Rolo/tubo: Longo = 100 cm. Diámetro = 15 cm.

Dimensións mínimas:

- Sobre/Caixa: 14 x 9 cm.

- Rolo/tubo: O lado máis longo medirá como mínimo 10 cm.

Ademais a lonxitude  máis o dobre do diámetro debe ser polo menos de 17 cm.

Os envíos con dimensións inferiores ás mínimas deberán levar unha etiqueta de 10 x 7 cm na que figuren o enderezo e o franqueo.

Aos envíos voluminosos aplicaráselles o criterio peso/volume (167 quilogramos/metro cúbico), segundo a seguinte fórmula: Longo x ancho x alto (en centímetros) / 6.000

 

Peso:

Ata 30 Kg.

 

Ámbito*:

  • Zona A*: Europa próxima.
  • Zona B*: Resto de Europa, Norte do Magreb.
  • Zona B2: Albania, Alxeria, Bielorrusia, Bosnia Hercegovina, Islandia, Macedonia, Marrocos, Rusia, Serbia, Tunes, Turquía e Ucraína.
  • Zona C*: América.
  • Zona D*: Asia, Oriente Medio e Oceanía.
  • Zona D2: Australia e Nova Zelandia.
  • Zona E*: África.

(*)Países que admitan este servizo.

 

Prazos de entrega:

Europa: De 8 a 10 días hábiles (prazo medio indicativo segundo orixe/destino).

Resto: Segundo país.

 

Garantías:

Por perda ou extravío dun envío: devolución da tarifa aboada máis 40 DEG + 4,5 DEG/kg.

Se es empresa e queres que che fagamos unha oferta personalizada, solicita información.
Paquete Internacional Económico Online
Tamén che pode interesar...
Compárteo nas túas redes