Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Axente Turístico de Correos

Os nosos axentes turísticos

CORREOS entende o valor excepcional do sector turístico, por iso desenvolveu unha liña de negocio onde o principal produto é o selo internacional e outros produtos promocionais de CORREOS

    Correos, a través da súa Canle Turística, ten distribuídas caixas de correo en establecementos de moitas cidades españolas para facilitar o envío de cartas e tarxetas postais a calquera parte do mundo.

    Con Correos garántese a chegada das cartas e tarxetas postais ao seu destino, xa for nacional ou internacional, e, para iso, estas deben ter adherido un selo de Correos.

    Os selos de Correos que se adhiran deberán cumprir os seguintes requisitos:

    1. Sinala o país de emisión: España
    2. Indica a institución emisora: Correos
    3. Aparece a letra “Ñ” no pé dereito do selo
    4. No pé de imprenta certifícase a impresión pola FNMT
    5. Prezo do selo en € ou en letra segundo a tarifa á que pertence
    6. Tamaño: 40,9 x 28,8 mm/24,5 x 35 mm
    7. Distinción de fósforo no propio papel ou nas tintas de impresión

    Os selos teñen validez en todo o ámbito nacional, sempre suxeitos ás tarifas de Correos en España.  

    Valor de franqueo: pode ser numérico expresado en € ou en letra, con ata catro tipos de tarifas (A, A2, B e C) en función do destino ao que dirixas as túas comunicacións:

    • Tarifa A: Para carta ou tarxeta postal Nacional “normalizada” ata 20 g.
    • Tarifa A2: Para carta ou tarxeta postal Nacional Ordinaria “non-normalizada” ata 50 g.
    • Tarifa B: Para carta ou tarxeta postal Internacional Ordinaria “normalizada” dirixida a Europa (inclúe Groenlandia) ata 20 g.
    • Tarifa C: Para carta ou tarxeta postal Internacional Ordinaria “normalizada” dirixida ao resto do mundo ata 20 g.

    Para un mellor detalle das Tarifas

    Consulta as tarifas xerais vixentes.

    Esta actividade está delegada no AXENTE TURÍSTICO, empresas cun excelente coñecemento do sector turístico e con capacidade técnica e organizativa para desempeñar coa maior garantía este servizo.

    Para iso, CORREOS aprovisiona o AXENTE de selos oficiais cunha temática que promove o sector turístico nacional. Esta actividade de promoción e venda do AXENTE está sempre avalada por CORREOS con caixas de correo especiais deseñadas para cubrir as diferentes necesidades do sector, instaladas nos establecementos, ao igual que folletos, bolsas e outro tipo de produtos.

    CORREOS, xunto á actividade realizada polos seus axentes turísticos, garante a entrega nos países de destino. Esta calidade no servizo reforza a imaxe da Marca España. Reino Unido, Alemaña e Francia son os principais países de procedencia dos turistas que nos vistan.

    Pode consultar a listaxe de Axentes Turísticos que colaboran con CORREOS accedendo ao seguinte enlace.

    Área de descargas

    Compárteo nas túas redes