Enviar online

Envía documentos dende calquera dispositivo e dende calquera lugar coa mesma validez legal.

Burofax

Enviar documentos de forma urxente e segura

Carta

Envía unha carta dixital, ordinaria ou certificada

Tarxeta Postal

Enviar postais dixitais a través da Internet

PREPARAR ENVÍOS

Imprime as túas etiquetas e paga os teus envíos antes de ir á túa oficina de Correos

Paq 48

Entrega en 24/48 horas, segundo orixe destino

Carta Certificada

Garante a recepción mediante sinatura

Notificacións administrativas

Servizo indicado para comunicacións legais

PODEMOS AXUDARTE

Tarxeta Correos Regalo

Ideal para:

Tarjeta Prepago Funcional Tarjeta Prepago Segura Tarjeta Prepago Accesible

O mellor agasallo; práctica, segura e sinxela.

As Tarxetas Correos Regalo son tarxetas Mastercard non asociadas nin vinculadas a ningunha conta bancaria.

  • Ámbito: Nacional e Internacional.
  • Dimensións: Tamaño é de 85,60 mm. × 53,98 mm.
  • Prazos: Inmediatamente en Oficinas de Correos*.
  • Tarifa: Tarxetas Correos Regalo: dende 3 €.
Correos

Comercialízao

As Tarxetas Correos Regalo e Correos Regalo Aliexpress, son open loop, podendo utilizarse nos máis de 37 millóns de comercios que aceptan Mastercard en todo o mundo. Esta é a principal diferenza e vantaxe con respecto ao resto de tarxetas agasallo, poderás facer compras ou gastos en calquera establecemento. 

     Entre as súas vantaxes salientan:

  • Sen vinculación a unha conta corrente.
  • Realice compras online e en comercios físicos.
  • Permítelle ao cliente controlar e delimitar o seu gasto, debido a que só é posible gastar o diñeiro que previamente cargase na  tarxeta.

Sen dúbida trátase da mellor opción para regalar en acontecementos como aniversarios, vodas, comuñóns e outras datas sinaladas, nas que en moitas ocasións, regalar, non é doado.


     CONSÍGUEAS EN:

  • Oficinas de Correos     

O cliente final poderá escoller que tarxeta desexa adquirir pois ambas as dúas, Tarxeta Correos Regalo e Correos Regalo Aliexpress, teñen as mesmas características:

Onde se pode conseguir e como activala?

Para activar a tarxeta, deberás seguir os pasos indicados no reservo do paquete agasallo:

  1. Diríxete ao mostrador co teu Pack Correos Prepagamento.
  2. Asina o reverso da tarxeta. 
  3. Activa a túa tarxeta enviando unha SMS coa palabra ACTIVAR seguida dun espazo e os 8 últimos números da túa tarxeta ao (+34) 603 655 250.

Para quen é útil?

  • Persoas que queren facer un bo agasallo orixinal e práctico.
  • Compradores en liña. É un moedeiro seguro para compras en liña, xa que opera sen acceder a datos bancarios. É similar a unha tarxeta virtual, co beneficio de que ademais, serve para realizar compras en comercios físicos. Ademais, é unha das tarxetas prepagamento máis económicas do mercado.
  • Podes consultar o saldo e últimos movementos a través do web www.correosprepago.es e vía SMS ao + (34) 603 655 250.

Por que regalar unha Tarxeta Correos Regalo?

Válida en calquera comercio físico e online onde se acepten tarxetas MasterCard, a diferenza doutras tarxetas agasallo que unicamente poden ser utilizadas nun comercio en concreto. 

Como consultar o saldo?

Podes consultar o saldo e últimos movementos a través do web www.correosprepago.es e vía SMS ao + (34) 603 655 250.

Canto saldo se pode cargar?

Tarifa: 3 € (IVE incluído).
Recarga mínima dende 20,00 €.
Recarga máxima ata 250,00 €.
Só unha recarga.

 

Máis información en Instrucións de uso, termos e condicións

 

Compárteo nas túas redes