Buzón Digital

Almacenamento na nube: a solución máis práctica e segura para os teus documentos.

QUÉROO
Buzón Digital QUÉROO
Crea a túa conta en Buzón Digital e goza de todas as vantaxes deste servizo na nube.
Sube todos os documentos que queiras sen preocuparte polo tamaño ou o espazo.
Organiza a túa nube como queiras: crea carpetas para atopar os teus documentos rapidamente.

Que é Buzón Digital?

Buzón Digital é a solución perfecta para ter todos os teus documentos e arquivos organizados e accesibles nun só lugar sempre que os precises.

Ademais, non terás límite de tamaño para os teus documentos, e poderás acceder a eles dende calquera lugar grazas á tecnoloxía de almacenamento na nube.

Só precisarás un ordenador ou smartphone para ter os teus documentos sempre á man.

Deberías saber

En Buzón Digital esforzámonos por satisfacer todas as túas necesidades documentais, por iso, estamos en constante evolución. Non dubides en consultar a nosa web para estar ao día das últimas novidades. 
BUZÓN DIGITAL

Preguntas frecuentes

Que podo facer en Buzón Digital?

Con Buzón Digital poderás gardar e descargar, nun só lugar, todos os documentos que precises a través da nube.

Podes coñecer máis sobre novas funcionalidades de Buzón Digital na nosa web.

É seguro Buzón Digital para almacenar os meus documentos?

Por suposto! Buzón Digital funciona a través das tecnoloxías de almacenamento na nube xunto a medidas de seguridade coas que manter sempre protexidos os documentos dos nosos clientes e a súa privacidade.

Que tipo de documentos e formatos podo almacenar?

Buzón Digital admite calquera formato de documento. Ademais, non importa o número de arquivos ou o tamaño destes que queiras subir, xa que non existe un límite de almacenamento.

Cales son os beneficios do voso almacenamento en nube?

O almacenamento no Buzón Digital ten moitas vantaxes. A primeira e máis importante é a seguridade, xa que os teus documentos estarán sempre protexidos sen que te teñas que preocupar por perdelos.

A segunda vantaxe é a axilidade e facilidade para acceder aos teus documentos. Non importa onde esteas nin a que hora sexa, só precisarás un dispositivo con conexión a Internet para iniciar sesión e acceder á túa conta.

Por último, contarás sempre co soporte do noso equipo para axudarte en todo o que precises.

Aínda tes dúbidas?

Entra en Buzón Digital e descubre todo o que ofrece este servizo!