Como preparar o envío

Que obxectos non están permitidos para envíos postais no correo internacional?

Aqueles obxectos ou documentos cuxa circulación non estea permitida de acordo ás leis nacionais ou internacionais aplicables por motivos de seguridade, de sanidade pública, utilidade xeral e de protección do servizo postal universal.

A embalaxe deberá estar adaptada á forma e natureza do contido de forma que non constitúa un perigo para os profesionais que o manipulan, non sexa prexudicial para o transporte, nin poida danar ou manchar outros envíos.

Existen distintos tipos de prohibicións aplicables aos obxectos enviados a través de Correos:

  • As prohibicións universais www.upu.int/keepitsafe
    As prohibicións propias dos distintos países derivadas da regulación nacional en materia de importacións;
    As prohibicións aplicables polos servizos postais dos distintos países (relativas ás mercadorías cuxa importación estea autorizada por lei pero prohibida pola normativa postal).

Recorda que a aceptación por parte de Correos dun envío prohibido non te libera da túa responsabilidade.

Para axudarche elaboramos unha listaxe dos obxectos que non están permitidos, independentemente do destino do teu envío. Ten en conta que cada país pode ter máis obxectos prohibidos que non estean incluídos nesta listaxe, así que non esquezas comprobar a normativa do país ao que vaias enviar a túa mercadoría. 

Lista de obxectos prohibidos:

  • Os produtos sometidos a réxime de reserva e non provistos de autorización especial para circular pola Rede Postal.
  • O opio e os seus derivados, a cocaína e demais estupefacientes e substancias psicótropas, agás se se envían con fins medicinais e acompañados de autorización oficial.
  • Os envíos cuxa embalaxe ou cuberta conteña textos ou debuxos que vulneren calquera dos dereitos fundamentais da persoa.
  • Os envíos de armas, conforme ao que establece o Real decreto 137/1993, do 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas.
  • As materias explosivas, inflamables e outras perigosas, agás as biolóxicas perecedoiras intercambiadas entre laboratorios oficialmente recoñecidos e as radioactivas depositadas por expedidores debidamente autorizados.
  • Os animais vivos, sempre que non estean provistos dunha autorización especial ou non sexan intercambiados entre institucións oficialmente recoñecidas.
  • Os obxectos cuxo tráfico constitúa un delito.
  • Os que se determine en convenios internacionais nos que España forme parte.

Dende Correos non asumimos ningunha responsabilidade polos erros ou omisións que poida haber nesta listaxe. 

Mercadorías perigosas non admisibles:

Os envíos que conteñan calquera dos produtos ou substancias que a continuación se relacionan teñen prohibida a súa circulación pola rede postal

  • Explosivos: fogos artificiais, petardos, municións, pólvora ou bengalas.
  • Gases comprimidos: chisqueiros, tanques de mergullo, cámping gas, aerosois ou extintores.
  • Líquidos inflamables: acendedores de gasolina, líquidos para acendedor, pinturas ao óleo, substancias adhesivas ou perfumes inflamables.
  • Substancias inflamables: fósforos (mistos) ou carbóns.
  • Substancias oxidantes: químicos xeradores de osíxeno, peróxidos ou pos branqueadores.
  • Substancias tóxicas ou infecciosas: pesticidas, químicos agrícolas, compostos de mercurio, bacterias ou virus
  • Materias radioactivas.
  • Materias corrosivas: baterías húmidas, mercurio (termómetros) ou ácido clorhídrico.
  • Outros: produtos magnetizados, motores ou dióxido de carbono sólido (xeo seco).

Mercadorías perigosas admisibles:

  • Baterías de ión ou litio: instaladas nun equipo (ONU 3481) segundo a instrución de embalaxe 967. Máximo 4 pilas (= < 20 wh) ou 2 baterías (= < 100 wh) nun só vulto.
  • Baterías de metal litio: instaladas nun equipo (ONU 3091) segundo a instrución de embalaxe 970. Máximo 4 pilas (= < 1 g) ou 2 baterías (=<2gr.).

Restricións particulares vinculadas ao carácter sensible das mercadorías:

Independentemente da súa orixe ou destino, algunhas mercadorías están sometidas a restricións de circulación polo seu carácter sensible. A Aduana é a encargada de aplicar as normas nacionais e internacionais correspondentes en colaboración con outras administracións.

Esas mercadorías deberán ir acompañadas de documentos específicos:

  • Licenzas.
  • Certificados.
  • Autorizacións de importación ou exportación.

Estes documentos deberán presentarse á administración no momento do despacho aduaneiro ou en calquera control non programado das autoridades aduaneiras. Os trámites dos envíos que conteñan mercadorías suxeitas a medidas de restrición ou calquera outra formalidade concreta, deberán ser realizados polo propio remitente ou a través dun representante.

Como embalar o meu envío de forma adecuada?

Ti elixes a embalaxe perfecta.  Se dispós dunha embalaxe na casa e queres darlle unha segunda vida, axudámoste a reutilizala. Para facer que o teu envío sexa sostible, só terás que  seguir estas recomendacións:

1.    Retira todas as etiquetas antigas que poida ter a túa caixa,  e asegúrate de que o contido do teu envío se encontre seguro, revisando  que a embalaxe non teña roturas  nin danos  que supoñan un risco para o envío.

2.    Adapta o contido e utiliza amortecemento se o precisa, como por ex. papel de xornal usado que evitará que se mova no interior e protexerao durante o transporte.

3.    Por último, é o momento de asegurar o teu envío cun bo peche e escribir na solapa os datos do remitente e destinatario.

Pero non te preocupes, se non dispós de embalaxe para reutilizar... Temos un montón de embalaxes respectuosas co ambiente na nosa Tenda Online e en todas as oficinas de Correos!

Ten en conta tamén que, en calquera caso, necesitamos que o tamaño se axuste a estas medidas:

Como máximo:

  • Caixa: Longo + Alto + Ancho = 210 cm, sen que ningunha supere os 120 cm.
  • Rolo ou tubo: Longo = 120 cm e Diámetro = 30 cm.

Se queres enviar algo máis grande, non te preocupes, engade un Máximo Extra por un pouco máis de custo:

  • Longo + Alto + Ancho = 270 cm por un 35 % máis. 
  • Ningunha das medidas pode superar os 170 cm por un 35 % máis.

Ou engade as dúas dimensións extra por un 70 % máis.

Como mínimo:

Caixa: 15 x 10 cm.

Rolo ou tubo: as dimensións que permitan adherir unha etiqueta de 10 x 14,5 cm.

E que non supere os 30 kg de peso real! 

peso volumétrico xa o calculamos nós.

Xa só queda que nos digas onde queres que o levemos:

  • Domicilio: dous intentos de entrega baixo sinatura. Se non se pode realizar, estará dispoñible durante 15 días na oficina máis próxima. Opción de entrega para clientes Particulares e con Contrato, e a única posible para envíos a Portugal (Peninsular).
  • Oficina elixida: envío á oficina que elixas e que debe ter punto de entrega de paquetería, onde estará dispoñible durante 15 días. Avisamos o destinatario da súa chegada mediante a APP de Correos, email e/ou SMS, e enviamos varios recordatorios en caso de non se producir a recollida.
  • Oficina máis próxima: entrega na oficina de Correos máis próxima ao domicilio indicado, onde o destinatario dispoñerá de 15 días para recollelo. Enviamos ata dous avisos de chegada mediante a APP de Correos, email e/ou SMS (o segundo aos 5 días).
  • Citypaq entrega nun dos armarios intelixentes de Correos situados por toda a cidade e dispoñibles a calquera hora do día. 

Recorda: É importante que os teus datos e os do destinatario estean nun lugar visible sobre a embalaxe. 

E lembra que podes xerar a etiqueta e pagar o envío para axilizar o trámite.

Atención al cliente

Solicita más información

Solicita a través de este formulario la información que necesitas

En nuestras oficinas

Si deseas atención presencial, puedes ir a cualquier oficina de Correos.

Más formas de contacto con Atención al Cliente

Consulta: Aviso legal