Verificador de correo electrónico e SMS

Loitamos contra a fraude

Xa tes o teu código de verificación? Só tes que dar tres pasos máis: introduce o teu enderezo de correo electrónico ou o teu número de teléfono, o código que che enviamos e preme COMPROBAR.

Pola túa seguridade, comproba as túas comunicacións.

Se tes dúbidas coa resposta que che deu o verificador, consulta as Preguntas frecuentes ou o noso espazo de Ciberseguridad. 
CIBERSEGURIDADE CORREOS
Como usar o Verificador de correo electrónico, paso a paso
Preguntas frecuentes

Que é o Verificador de correo electrónico e SMS?

O Verificador de correo electrónico e SMS é a nova ferramenta dixital que deseñamos co obxectivo de loitar contra a fraude e a suplantación de identidade. A través deste verificador, poderás comprobar que os correos electrónicos e SMS que recibes en nome de Correos relacionados con envíos e paquetería son realmente nosos. Para iso, introducimos un código de letras e números que identifica todos os correos electrónicos que emitimos dende envíos e paquetería para comprobar a veracidade das mensaxes. Grazas a esta solución rápida e sinxela, garantimos a túa seguridade, e coidamos de ti.

Como funciona o Verificador de correo electrónico e SMS?

O mellor do Verificador de correo electrónico e SMS é que é doado de usar. Contámosche os pasos que debes seguir para que ti tamén coides da túa ciberseguridade:

  1. Accede ao Verificador de correo electrónico e SMS desde a páxina web de Correos ou desde o propio espazo de Seguridade da Información dentro do portal de Atención ao Cliente.
  2. Introduce o teu enderezo de correo electrónico ou o teu número de teléfono e o código que aparece na parte final da comunicación que recibiches.
  3. Preme COMPROBAR.
  4. O Verificador de correo electrónico e SMS indicarache cun OK que a túa comunicación é segura.
  5. Se a resposta non é OK, le con atención a información que che ofrece o sistema, xa que podería ser unha comunicación falsa e tratarse dun intento de phishing.

Onde podo encontrar o código?

O código é unha combinación de letras e números que aparece na parte final da comunicación que recibiches por parte de Correos. Lembra: os correos electrónicos e SMS que levan código son os relacionados con envíos e paquetería, pero se recibes outro tipo de comunicación con código, tamén podes comprobar a súa veracidade na web oficial de Correos. A inserción do código nos correos electrónicos é un proceso paulatino que irá englobando o resto de comunicacións de Correos.

Moi importante! Non esquezas introducir o código completo no verificador para poder realizar a comprobación.

Que respostas podo obter ao verificar o meu correo electrónico?

Respostas cando non hai risco de fraude

  • OK. Esta comunicación foi enviada por Correos e é segura.

Respostas cando hai risco de fraude 

  • Moi importante! Esta comunicación non foi enviada por Correos. Pode ser falsa e tratarse dun intento de fraude.  Consulta máis información.

Como loita Correos contra a fraude?

A loita contra a fraude é unha das principais misións de Correos na actualidade. Garantimos a dixitalización cibersegura do noso ecosistema e, para iso, modificamos as nosas comunicacións:

  • Incorporamos nos nosos correos electrónicos e SMS de envíos e paquetería un código de letras e números único para que comprobes a veracidade das comunicacións recibidas en nome de Correos.
  • Poñemos á túa disposición unha nova ferramenta dixital, o Verificador de correo electrónico, para que poidas comprobar o código e a veracidade do correo electrónico ou SMS. 

Que acontece se recibo un correo electrónico ou SMS de envíos e paquetería de Correos e non ten código?

Coidado! Se recibes un correo electrónico ou SMS de envíos e paquetería en nome de Correos sen código, poderías estar ante un intento de fraude. Lembra que todos os correos electrónicos e SMS de Correos relacionados con envíos e paquetería deberán contar co código de letras e números. Se non ten código, non é de Correos.

O código de letras e números é persoal?

Si, este código xérase de forma única e personalizada para cada correo electrónico e SMS. Baixo ningunha circunstancia é posible que dúas comunicacións compartan o mesmo código de verificación.

Como podo comprobar a veracidade do correo electrónico ou SMS recibido?

Poderás comprobar a veracidade dos correos electrónicos ou SMS recibidos en nome de Correos a través do Verificador de correo electrónico e SMS. Encontrarás esta ferramenta na web de Correos.es.

Que datos debo introducir no verificador?

Moi sinxelo! Só precisas introducir dous datos no Verificador de correo electrónico ou SMS: o teu enderezo de correo electrónico e o código de letras e números que figura na parte final da comunicación.

Que acontece se a resposta é OK?

Se o Verificador de correo electrónico e SMS indica OK, a comunicación si foi enviada por Correos, polo que podes confiar no seu contido. Este OK garante a veracidade da comunicación que recibiches!

Que acontece se a resposta non é OK?

Se o Verificador de correo electrónico e SMS indica outra resposta que non sexa OK... Ponte en alerta! É probable que esteas ante unha comunicación falsa que podería ser un fraude.

Sigo a ter dúbidas: Que fago?

Contacta connosco! En Correos tes sempre á túa disposición o espazo de Seguridade da Información para ampliar calquera dato sobre fraude ou ciberseguridade.  Consulta máis información.